Lugo10

EuroClusTex

EmpregaTex

Novas do Sector | Comunicados | Dossier de Prensa

NOVAS. DOSSIER DE PRENSA

O Cluster do Textil galego presentará nuns días o seu Plan Estratéxico, centrado na internacionalización 11.09.2010 O sector formúlase o uso das TIC e a venda 'on line' como principais "retos" VIGO, 10 (EUROPA PRESS) A Xunta de Galicia e o Cluster do Textil galego presentarán "en poucos días" o Plan Estratéxico do sector, segundo anunciou este venres o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, durante o acto de presentación deste cluster.

Guerra explicou que ese Plan incidirá, como principal obxectivo na internacionalización das empresas para mellorar a súa competitividade. Así mesmo, preténdese "cambiar as empresas, porque cambiou o mercado", e mellorar cuestións como a formación dos traballadores e a utilización das novas tecnoloxías.

O conselleiro recalcou a importancia do cluster, que aglutina as 230 empresas que antes se integraban nas dúas principais asociacións do téxtil --Cointega e Atexga--. "Estas empresas, case todas pemes, decidiron dar un paso adiante para compartir dificultades, medios e esforzos", apuntou.

Por outra banda, advertiu de que as empresas téxtiles de Galicia "probablemente non poden competir en custos" polo que deben aproveitar o seu 'know-how' e buscar a diferenciación "pola calidade, o servizo e a marca". "Debemos apuntar a un mercado medio ou medio-alto", sinalou.

INTERNET

O Cluster puxo en marcha unha Plataforma Tecnolóxica, coa finalidade de "identificar as tecnoloxías e facelas accesibles ás pymes" no proceso de produción, distribución e, sobre todo comercialización, segundo explicou Alberto Rocha, secretario deste organismo.

Así, subliñou a importancia crecente de aplicacións como a venda on line, as páxinas webs das empresas, as tecnoloxías aplicadas á comercialización, etc. Nese sentido, recoñeceu que a venda do produto por internet é o principal "reto" e que "a maioría de empresas" do téxtil ten xa a súa páxina en internet, "están a preparar" os sistemas de venda e está a "interactuar cos seus clientes" a través da rede.

Algunhas das medidas que se prevén implantar nos puntos de venda é os 'magic mirrors' --espellos interactivos nos probadores dos comercios--, escáneres tridimensionais, ou pantallas táctiles que permiten aos clientes buscar información dos produtos que hai nas tendas. As novas tecnologias permitirán, ademais, mellorar a trazabilidade dos produtos, e a intercomunicación entre produtores, minoristas e clientes finais.

'EMPREGATEX'

Os responsables do cluster tamén fixeron referencia ao programa 'Empregatex', de axuda ás persoas desempregadas deste sector para atopar unha saída profesional, cofinanciado pola Xunta e o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización --en Galicia son 500 os traballadores que poderán acollerse ás axudas deste fondo--.

Os itinerarios deste programa ten tres tipos de actividades: as destinadas a orientar e recualificar a persoas que perderon o seu emprego para obteñan outro traballo no sector téxtil; as actividades destinadas á reinserción noutro sector; e as actividades de promoción do autoemprego

(Yahoo noticias)

ENLACE
   


El textil gallego lanza su ofensiva contra la crisis en China y México La Xunta lanza la I Guía de RSE para el sector textil LEER MÁIS NOVAS DO SECTOR
COMUNICADOS
Cointega ha recibido la resolución aprobatoria de las ayudas a las Agrupaciones Empresariales (Clústers) Innovadoras Convenio Textil-Confección 2011 - 2012 - 2013 LEER MÁIS COMUNICADOS
DOSSIER DE PRENSA
Acotex impulsa la primera patronal de referencia para el negocio de la moda en toda España Graduación II Promoción Moda LEER MÁIS DOSSIER DE PRENSA
Logo Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia

Unión Europea – Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Plan Avanza – Ministerio de Industria, Turismo e Comercio
DISEÑO WEB